Comeza o primeiro Arde Lucus de Interese Turístico Nacional

A cidade ofrece ata o domingo unha volta a Lvcvs Avgvsti a través de máis de 300 actividades dirixidas a todos os públicos

Venres, 30 de xuño de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comeza o primeiro Arde Lucus de Interese Turístico Nacional

Coa apertura simbólica das portas da Muralla de Lugo a cargo da Guardia Pretoriana deu comezo esta tarde o Arde Lvcvs MMXVII, que estrea nesta edición o distintivo de Festa de Interese Turístico Nacional. Posteriormente, as tropas romanas e as tribos castrexas, acompañados pola Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o Presidente da Deputación, Darío Campos, e outros membros da Corporación Local, desfilaron polas rúas do casco histórico.

Para celebrar este recoñecemento acadado recentemento, o Concello e as 18 asociacións de Lugo involucradas ao máximo nestes festexos organizaron máis de 300 actividades para esta fin de semana, dirixidas a todos os públicos, cuarenta delas novidosas.

Nesta primeira xornada tamén se inagurou o Macellum da Praza Maior e a Castra de Lvcvs Avgvsti. Ás 20:00 horas terá lugar a entrada de lexións pola Ponte Romana e, unha hora máis tarde, o pregón de Caio Antistio. Entre as novedades de hoxe figura unha andaina polo Adarve da Muralla, ás 22:15 horas, e un torneo de Harpastum, ás 23:00 horas.

Máis información en www.ardelucus.com ou www.lugo.gal

Multimedia

  • Comeza o primeiro Arde Lucus de Interese Turístico Nacional
  • Comeza o primeiro Arde Lucus de Interese Turístico Nacional
  • Comeza o primeiro Arde Lucus de Interese Turístico Nacional
  • Comeza o primeiro Arde Lucus de Interese Turístico Nacional

Noticias relacionadas