Este venres, 16 de febreiro, remata o prazo para presentar as propostas de cartel anunciador do Arde Lucus MMXVIII.

O Entroido desafíou esta tarde a choiva e Lugo viviu un desfile de disfraces dos máis participativos dos últimos anos.
A Biblioteca Municipal incorporou no pasado ano 352 usuarios, alcanzando os máis de 18.100 préstamos, concretamente 18.100 préstamos. Un 80% do total foron libros, concretamente 14.494, e o resto, 3.627, audiovisuais.

A orixinalidade e diversión venceron ao frío este sábado á tarde no Gran Concurso de Disfraces Infantil, organizado polo Concello, que discorreu polas rúas Antón Fraguas, Quiroga Ballesteros, Santo Domingo, Raíña e Praza Maior, acompañado pola charanga Maló Será.

Emilia Pardo Bazán regresou ao entroido de Lugo esta tarde cunha misión: pregarlle aos veciños e veciñas que neste entroido sexan bos, pero incorrectos, digan o que sinten pero non danen, rían a esgalla, sobre todo de un mesmo, brinquen, coman e beban sin decoro.

O Concello continúa apostando por fomentar a lectura e o amor polos libros a través de contacontos e de espectáculos musicais.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, inaugurou este mércores o acto de presentación da obra Réquiem, da luguesa María Dolores Seijas Soto, "unha novela histórica, que hoxe presentamos nun lugar histórico, o Vello Cárcere".

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, que dirixe a edil Ana González Abelleira, vén de poñer en marcha unha nova edición da campaña Desenmascara o machismo, unha iniciativa por un entroido libre de sexismo, tal e como fai noutras festividades, como o Arde Lucus ou o S
La Comedia de las Mentiras e La Judía de Toledo abriron con éxito a XVIII Mostra de Teatro Clásico, que organiza a Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, reunindo a un milleiro de persoas.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañada da Deputada de Cultura, Pilar Porto, inaugurou este venres, no segundo andar do Vello Cárcere, a exposición Irán, París, Lugo, da fotógrafa iraní exhiliada en París, Niloufar Banisadr.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 239
- 240
- 241
- 242
- 243
- 244
- 245
- 246
- 247
- …
- seguinte ›
- última »