Orixinalidade e diversión no Gran Concurso de Disfraces Infantil

Sábado, 10 de febreiro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Entroido1

A orixinalidade e diversión venceron ao frío este sábado á tarde no Gran Concurso de Disfraces Infantil, organizado polo Concello, que discorreu polas rúas Antón Fraguas, Quiroga Ballesteros, Santo Domingo, Raíña e Praza Maior, acompañado pola charanga Maló Será.

Como en anteriores edicións, foron tres as categorías deste certame: individual, por parellas e comparsas, todas elas cun premio especial para participantes que empregaron material reciclado.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada pola Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e outros membros da Corporación Municipal presenciaron o desfile, cuxos gañadores e gañadoras foron os seguintes:

Individual

  • Premio disfrace reciclado (Iote libros por 50,00 €): Num. 1 A raíña das neves
  • 3° Premio (Iote libros por 30,00 €): Num. 4 Mary Poppins
  • 2° Premio (Iote libros por 40,00 €): Num. 2 A ninfa do mar
  • 1° Premio (Iote libros por 50,00 €): Num. 3 Fauno

Parellas

  • Premio disfrace reciclado (Iote libros por 75,00 €): Num. 1 As princesiñas do Entroido
  • 3° premio (Iote libros por 50,00 €): Num. 5 Quen pillou a quen
  • 2° Premio (Iote Iibros por 60,00 €): Num. 2 Trata de Arrancalo Nai
  • 1° Premio (Iote Iibros por 75,00 €): Num. 3 Lollipops

Comparsas

  • Premio disfrace reciclado (Iote libros por 150,00 €): Num. 4 O arco iris
  • 3° Premio (Iote Iibros por 100,00 €): Num. 1 As gorjuss girls
  • 2° premio (Iote libros por 120,00 €): O segredo dos fanos de Albeiros
  • 1° Premio (Iote libros por 150,00 €): Num. 3 Gepetto S.A.

Multimedia

  • Entroido2

Noticias relacionadas