
Lugo recibirá este venres ao Nadal, con distintos actos lúdicos, a partir das 18:00 horas na Praza Maior.

O Vello Cárcere de Lugo acollerá, nas celas da segunda planta, unha extraordinaria selección de cadros da Serie Amarela do artista de prestixio mundial, Xaime Quesada.

O Arde Lvcvs vén de gañar o premio Del viajar 2018, que concede a páxina web gastronómica e turística La Alacena Roja con motivo do seu quinto aniversario.
A Xunta de Goberno deu luz verde este mércores á contratación da obra de acondicionamento dunha zona verde pública na rúa Serra dos Ancares.

Un ano máis, Concello, Deputación e Pazo de Feiras e Congresos, unha vez máis, súmanse e danse a man para promover unha nova edición dun evento xa clásico do Nadal para o lecer familiar, o XuvenLugo.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre presentou este luns, na Sala de Usos Múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, as actividades que programou o Concello para esta Ponte de Decembro.

Os actos conmemorativos organizados polo Concello con motivo do 18 aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade teñen este venres a súa xornada central.

A Alcaldesa, Lara Méndez, xunto á Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, a Subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, Jesús Valdés, auxiliar do Vicerreitorado de Coordinación do Campus de Lugo, e José Antonio Muñoz, vicepresidente da Asociación Nacional de Entidades e Empresas Municip
O Arde Lvcvs vén de ser nominado ao premio Del viajar 2018, que concede a páxina web gastronómica e turística La Alacena Roja con motivo do seu quinto aniversario.

O I Congreso Iberoamericano Cultura e Memoria reúne mañá e pasado no Vello Cárcere a máis de 100 asistentes, entre congresistas (85), comunicantes (8) e poñentes (preto de 20); "desbordando así as previsións máis optimistas de participación".
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 211
- 212
- 213
- 214
- 215
- 216
- 217
- 218
- 219
- …
- seguinte ›
- última »