
A área de Xuventude, que dirixe Ana González Abelleira, propón para mañá, 5 de decembro, Noite de Reis, un live streaming co Dj lugués Marcos Peón, co obxectivo de seguir gozando deste atípico #nadalnacasa, nesta ocasión cunha sesión de música electrónica.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou os espectáculos previos á cabalgata de Reis, que terán lugar os vindeiros días 4 e 5 nas prazas Horta do Seminario e Augas Férreas.

O Tenente de Alcalde e concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, anunciou que desde as áreas da Tenencia de Alcaldía se decorará unha rúa da cidade coas distintas palabras do ano escollidas desde o 2014

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, visitou a praza Horta do Seminario, que nestes días se está a habilitar para a chegada dos Magos de oriente o vindeiro 5 de xaneiro.

O concurso de graffiti que convocou a área de Benestar Social, que dirixe Olga López, e a Federación de Asociacións do ámbito social de Lugo (FADAS) para visibilizar o Lugo social ten novo gañador.

Ao longo desta semana continúa o Escape Room sobre o misterio de Sherlok Holmes e as Contadas xuvenís sobre o Nadal, que organiza a área de Xuventude. A primeira actividade desenvolverase mañá xoves, 31 de decembro e o sábado 2 de xaneiro, na Casa da Xuventude.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibía esta maña no Salón de Plenos a María, José Manuel, Ana, Lucia e súa nai Maria José, para facer entrega dun permiso especial para que os Reis Magos de Oriente poidan chegar a tódalas casas de Lugo pese as restriccións con motivo da pandemia.

A área de Xuventude, que dirixe Ana González Abelleira, organiza unha festa de benvida ao 2021 en live streaming, coa finalidade de gozar deste atípico #nadalnacasa .

As ponencias, organizadas pola área de Xuventude e a Cohors III Lucensium, enmarcadas dentro da programación do Arde Lvcvs Cvltvral rematan este mércores, 30 de decembro.

O executivo de Lara Méndez investirá 166.399’99 € na ampliación e cobertura do parque de Augas Férreas. A Xunta de Goberno Local adxudicaba esta mañá o contrato á empresa Zona de Obra O Rosal SLU que disporá de catro meses e medio para rematar os traballos.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 143
- 144
- 145
- 146
- 147
- 148
- 149
- 150
- 151
- …
- seguinte ›
- última »