
A Xunta de Goberno local levará este mércores para a súa aprobación o nomeamento do novo director da Banda de Música de Lugo, David Fiuza Souto, tras o proceso selectivo que activou e desenvolveu a área de Gobernanza.

A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, asistiu a un dos concertos do ciclo O conservatorio na rúa, co que desde a área de Cultura e o Conservatorio se achega a obra das estudantes do conservatorio ás distintas prazas do casco histórico.

A área de Cultura, Turismo e Promoción da Lengua do Concello de Lugo continúa co festival de arte urbano Culturbán realizando intervencións artísticas nas rúas da cidade.

A alcaldesa, Lara Méndez, presentou hoxe na Feira Internacional de Turismo (FITUR) a marca ‘Lugo, cidade viva’, “que define a nosa aposta por un turismo seguro” – afirmou – e ao abeiro da que se artellan as campañas municipais ‘Lugo, km 100‘ e as ‘Rutas Connexi
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua presentou, xunto co Mago Rafa e o Mago Teto, a 18 edición da Semana Internacional da Maxia de Lugo, que este ano terá lugar entre o 24 e o 29 de maio.

Durante o día de hoxe, coincidindo coa celebración do día internacional dos museos, as distintas salas da rede museística municipal agasallaron libros procedentes do fondo bibliográfico municipal ás 10 primeiras persoas que se achegaron a cada unha das instalacións.

As actividades organizadas polo Goberno Municipal polo día das Letras Galegas remataron hoxe cunha entrega de libros procedentes do Fondo Bibliográfico Municipal, que tivo lugar na praza Maior e á que se achegaron centos de veciñas e veciños de Lugo.

A área de Muller e Igualdade organizou este sábado unha nova andaina na honra de Xela Arias. Con esta actividade, a concellería que dirixe Silvia Alonso pretende enxalzar o papel da muller nas Letras Galegas, coincidindo coa celebración desta efeméride.
A Concelleira de Muller e Igualdade, Silvia Alonso, comunica que queda adiado o concerto homenaxe a Xela Arias, programado o 15 de maio ás 13:00 horas no Parque de Rosalía, ante a previsión de mal tempo para este sábado.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Fereiro, participou esta mañá na inauguración da exposición Os nosos Océanos, organizada por Afundación, e que conta coa colaboración da área de Cultura.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 132
- 133
- 134
- 135
- 136
- 137
- 138
- 139
- 140
- …
- seguinte ›
- última »