Os concertos rematará no sábado 29, cunha sesión de mañá et arde na praza Maior
Maite Ferreiro: “queremos visibilizar as ensinanzas de música de Lugo, axudando ás estudantes a mostrar o seu traballo”

A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, asistiu a un dos concertos do ciclo O conservatorio na rúa, co que desde a área de Cultura e o Conservatorio se achega a obra das estudantes do conservatorio ás distintas prazas do casco histórico.
Maite Ferreiro explicou que “o obxectivo desta actividade é visibilizar as ensinanzas oficiais de música coas que contamos na cidade, e motivar ás estudantes, xa que poderán mostrar o aprendido durante os seus estudos ao mesmo tempo que dinamizan as rúas”.
O ciclo O conservatorio na rúa comezou o pasado martes 27 de abril, e rematará o vindeiro sábado 29 de maio con sesións de mañá e tarde na praza Maior, co seguinte programa:
- 10:00 a 12:00 – Piano a solo e piano a catro mans
- 12:30 a 12:45 – Big Band
- 13:15 a 14:30 – Piano a solo e dúo con piano (clarinete e piano)
- 17:00 a 17:30 – Piano a solo
- 17:30 a 19:30 – Dúos con piano (clarinete e piano, viola e piano, violín e piano)