
O Vello Cárcere acolleu esta tarde a presentación do 18 volume do San Froilán dos Devanceiros, a publicación anual que a área de Cultura achega á veciñanza en cada edición do San Froilán e que este ano ten por título Letra das Festas 2011-2020. A revista oral do San Froilán.

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, xunto coa concelleira de Cultura, Maite Ferreiro e a concelleira de Participación, Cristina López, participaron na nova edición da Letra das Festas, a revista oral do San Froilán, organizada pola AELG en colaboración coa área de Cultura.

Lugo acolleu os días 4, 5 e 6 de outubro o Campionato do Mundo de Carreiras de Aventura, unha proba deportiva que combina kaiak, trekking e bicicleta de montaña, e na que participaron preto de 100 equipos de 27 países de toda Europa e América.

O tenente de alcaldesa e concelleiro de Medio Rural, Miguel Fernández asistiu esta maña, na Deputación de Lugo á presentación de Equigal 2021.
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, informou sobre as novas cabidas das actividades culturais anunciadas pola Xunta de Galiza, que entrarán en vixencia o vindeiro sábado.

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo e a edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro participaron na demostración de bolos celtas que organizan a área de Cultura e o Club Bolos Celtas Muralla dentro da programación do San Froilán 2021.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidiu este mediodía a tradicional ofrenda floral da Corporación a San Froilán. A cerimonia tivo lugar ás 12:00 horas na Catredral, conmemorando o día do patrón de Lugo.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu esta tarde na Casa Consistorial á pregoeira das Festas de San Froilán 2021, Marisol Bravos.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, realizou a presentación da pregoeira do San Froilán 2021.

A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que os servizos xurídicos do Concello de Lugo poñerán en coñecemento da Policía a reventa de entradas que se está producindo cos concertos do San Froilán 2021.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 118
- 119
- 120
- 121
- 122
- 123
- 124
- 125
- 126
- …
- seguinte ›
- última »