A páxina web do Concello www.lugo.gal recibiu un total de 232.759 visitas durante os primeiros oito meses do ano. O número de usuarios que accederon ao portal municipal neste período foi de 125.918, que visitaron 947.707 páxinas.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou esta mañá, xunto ao presidente da Deputación e da Fundación TIC, Darío Campos, na presentación dos novos cursos gratuítos do InLugo para maiores de 55 anos, que terán lugar no derradeiro trimestre de 2016.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Presidente da Deputación, Darío Campos, participaron este mércores, acompañados de centos de veciños, no “abrazo reivindicativo á Muralla”, no que solicitaron un maior compromiso das administracións competentes coa sanidade pública do país; máis concretamente

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, compartiu este venres con enxeñeiros industriais un almorzo de traballo sobre o Lugo Smart City.
O portal de transparencia do Concello de Lugo, www.transparenciaconcellolugo.gal, recibiu máis de 2.500 visitas dende a súa posta en funcionamento, o pasado mes de maio.
A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) atendeu un total de 196 reclamacións no que vai de ano, resolvendo o 84,5% das reclamacións presentadas, grazas ao seu papel mediador entre o consumidor e a empresa.
O Concello informa de que entre o luns 8 e o luns 15 de agosto, ambos os dous inclusive, permanecerá exposto ao público nas oficinas municipais o censo electoral para os comicios autonómicos convocados para o 25 de setembro, co obxecto de que todos os veciños e veciñas empadroados no municipio de
Preto de vinte mil persoas solicitaron a Tarxeta Cidadá do Concello dende a súa posta en funcionamento no mes de abril do 2011. Trátase dun dispositivo intelixente multiservizo, que lle permite aos usuarios identificarse e facer uso dos servizos municipais dun modo máis rápido e sinxelo.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, informou este martes de que o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo vén de conceder ao Concello o proxecto Lugo Smart City, enmarcado dentro a II Convocatoria de Cidades Intelixentes.
O Concello de Lugo ten publicadas en www.lugo.gal as bases do obradoiro de emprego EmpregaTIC para a selección tanto dos 15 alumnos traballadores, así como dos dous monitores e do administrador.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 90
- 91
- 92
- 93
- 94
- 95
- 96
- 97
- 98
- …
- seguinte ›
- última »