A páxina web do Concello www.lugo.gal recibe máis de 230.000 visitas nos primeiros oito meses do ano

A maioría proceden de España, cun total de 220.350 visitas, sendo tamén significativas as 2.170 visitas procedentes de Alemaña, ou as 1.235 de Estados Unidos

Entre os contidos máis visitados do portal municipal destacan o apartado de Turismo con 50.053 visitas, seguido dos Trámites con 22.070, ou a campaña Móvete por Lugo, que acadou 14.111 visitantes

Xoves, 15 de setembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A páxina web do Concello www.lugo.gal recibiu un total de 232.759 visitas durante os primeiros oito meses do ano. O número de usuarios que accederon ao portal municipal neste período foi de 125.918, que visitaron 947.707 páxinas. Os visitantes acceden a unha media de 4,07 páxinas en cada sesión e a duración media de cada sesión é de tres minutos e trece segundos. Aproximadamente un 51,43% das visitas foron realizadas por primeira vez.

O número de visitas aumentou nun 51,44% con respecto do mesmo período do ano pasado e o número de usuarios foi un 42,26% máis, que visitaron un 24,50% máis de páxinas da web. Estes datos tan positivos foron grazas a que os contidos da páxina web son máis accesibles para os usuarios e agora non é necesario acceder a tantas páxinas para consultar a información.

Visitas de todos os recunchos

En canto á procedencia das visitas, a maioría proceden de España, cun total de 220.350 visitas, sendo tamén significativas as 2.170 visitas procedentes de Alemaña, as 1.235 de Estados Unidos, as 941 do Reino Unido, as 747 de México, as 670 de Holanda, ou as 645 de Portugal.

Por cidades, a maioría das visitas proceden da cidade de Lugo, con 112.470, seguidas de 33.664 de Madrid, 17.326 da Coruña, 12.485 de Santiago de Compostela, 6.031 de Barcelona, ou 5.445 de Vigo.

As visitas realizadas dende ordenadores ascenden a 141.089, pero xa son significativas as feitas dende móbiles ou tabletas, cun total de 91.670, que aumentan grazas á posta en funcionamento da versión da web adaptada para os dispositivos móbiles.

Contidos máis visitados

En canto aos contidos máis visitados da web, destacan o apartado de Turismo con 50.053 visitas, seguido dos Trámites con 22.070, a Información pública, que permite consultar e descargar arquivos de interese, con 20.693, a campaña Móvete por Lugo, que acadou 14.111 visitantes, e o Perfil do contratante con 13.474.

Noticias relacionadas