
A concelleira da área de Participación e Servizos á veciñanza, Cristina López, presentou a campaña para este Nadal baixo o lema “O noso mercado é un agasallo”, na que se incentiva o consumo na Praza de Abastos e o Mercado Municipal.

A área de Xuventude, que dirixe Ana G. Abelleira, ofrecerá en aberto as clases de cociña, tanto universitaria, como do mundo e de nadal, enmarcadas na programación de mocidade activa dos últimos meses do ano.

A área de Medio Ambiente vén de duplicar a partida económica coa que o Concello de Lugo colaborará coa Sociedade Protectora de Animais e Plantas.
En total, o executivo de Lara Méndez destinará a este fin 200.000 € anuais.

A edil de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, anunciou que se vén de iniciar o procedemento de declaración de ruína da unidade de enterramento número 329 do Cemiterio Municipal, a cal acolle os restos de Xoán Montes, para proceder á súa restauración.

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, informou da renovación do alumeado público na rúa Mariña Española.

O Concello de Lugo levará ao Pleno de mañá a aprobación da bonificación ao Sergas do 95% do ICIO do Centro Integral de Saúde da Residencia.

Concello e Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) asinaban hoxe o protocolo de actuación entrámbalas dúas entidades para recuperar o Pazo de Dona Urraca e os espazos lindeiros.

Por parte de axentes da Unidade de Atestados da Policía Local de Lugo procedeuse á localización e investigación xudicial do condutor dun turismo que provocara un accidente de circulación no que chocou cunha motocicleta de gran cilindrada, ocasionando lesións moi graves ao seu condutor e ausentánd

Os servizos municipais disporán, nas próximas semanas, de 300 ordenadores novos.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, inaugurará maña, xoves, 19 de novembro, ás 10.30 horas, as I Xornadas do Día Internacional da Muller Emprendedora organizadas pola Área de Desenvolvemento Local.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 49
- 50
- 51
- 52
- 53
- 54
- 55
- 56
- 57
- …
- seguinte ›
- última »