Éxito da proxección de María Solinha ca totalidade de entradas vendidas

Luns, 15 de marzo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Éxito da proxección de María Solinha ca totalidade de entradas vendidas

Onte María Solinha fixo sold out. A proxección da película, que tivo lugar no aparcadoiro do Pazo Provincial dos Deportes, enmarcada na programación do 8M; organizada pola Concellería de Muller, Igualdade e Xuventude; contou coa presenza do director, Ignacio Vilar.

A área de Muller, Igualdade e Xuventude aproximou a Lugo, estreou, estre filme, na que unha obra de teatro se converte nunha conversa entre o presente e o pasado, ficción e realidade, a través do que lle ocurriu a María Solinha, que viviu en Cangas do Morrazo durante o século XVII. Esta película recontrúe a historia de María Solinha, acusada de bruxería e queimada pola Inquisición. A protagonista sofre, no século VVI, ecos da agresión que sufriu María Solinha no século XVII.

A hostelería local ( Cervecería bar Isa,  El Dotmas Bar, La pizza di Babel, Mundo Dinner e Restaurante Antas) elaboraron distintos menús de autocine, que as propias persoas espectadoras podían recoller no locais antes do filme ou no propio aparcadoiro durante a proxección da película.

Noticias relacionadas