
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu o premio Crer no movemento veciñal por parte da Confederación Galega de Asociacións Veciñais (COGAVE) nunha gala celebrada este sábado no Liceo de Ourense.

A comisión constituída no pasado mes de outubro co obxecto de estudar posibles solucións para dotar de novos servizos ao antigo Hospital Xeral e revitalizar o barrio da Residencia reuniuse de novo este venres no Salón de Comisións do Concello.

Crear zonas verdes e poñer en valor as existentes, acondicionar infraestruturas que humanicen a cidade e impulsar o turismo como motor económico aproveitando a riqueza patrimonial de Lugo.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este venres no Salón de Actos da Deputación de Lugo na apertura das XX Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde, organizadas polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) coa colaboración do Concello.
A Xunta de Goberno aprobou este mércores a saída a contratación do subministro e instalación de equipamento informático no edificio de Novas Tecnoloxías, que se está a acondicionar na Praza Anxo Fernández Gómez, e no centro cultural do Vello Cárcere, por un importe total de 82.200 euros.

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, participou este mércores no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) nas actividades organizadas pola Asociación de Diabéticos Lucenses (ADIL) con motivo do Día Mundial da Diabetes, unha enfermidade que padecen má

A arte dramática chega ao Cemiterio Municipal de San Froilán coa representación dun fragmento da obra do dramaturgo español José Zorrilla, Don Juan Tenorio.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, clausurou este sábado o I Congreso Provincial para Pacientes con Cáncer y su Entorno Familiar, organizado polo colectivo SOMOS Unidos por el Cáncer coa colaboración do Concello de Lugo no Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD).

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, entregou este xoves os premios aos gañadores do III Concurso de Fotografía e do II Concurso de Epitafios, que organizou o Concello para conmemorar o Día de Defuntos.

Os industriais da Praza de Abastos atenderán dende mañá e durante 33 días na Praza da Soidade e no Mercado Municipal Quiroga Ballesteros, por mor das obras de modernización da praza, que contan cun orzamento dun millón de euros, financiados ao 80% pola Unión Europea a través do Plan Urbano.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 97
- 98
- 99
- 100
- 101
- 102
- 103
- 104
- 105
- …
- seguinte ›
- última »