Os industriais da Praza de Abastos atenderán dende mañá e durante 33 días na Praza da Soidade e no Mercado Municipal Quiroga Ballesteros, por mor das obras de modernización da praza, que contan cun orzamento dun millón de euros, financiados ao 80% pola Unión Europea a través do Plan Urbano.
O Concello abriu este mércores o prazo de solicitude de tres liñas de subvención en materia social e deportiva, ás que destina preto de 200.000 euros.
As obras de modernización da Praza de Abastos arrancaron este martes. Cun orzamento de 1 millón de euros, financiados ao 80% pola Unión Europea a través do Plan Urban, os traballos teñen un prazo de execución de 102 días naturais, é dicir, tres meses e medio.
O Concello divulgará a historia e patrimonio cultural do recinto do cemiterio municipal de San Froilán a través da creación de códigos QR, de resposta rápida, mediante os que se poderá acceder a toda a información tanto do propio camposanto como dos seus monumentos máis destacados.
A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, recolleu este mércores en Madrid o premio ao mellor monumento arquitectónico funerario de España, outorgado por votación popular ao mausoleo neogótico do cemiterio municipal de San Froilán nun concurso promovido pola revi
A Xunta de Goberno aprobou este mércores a adxudicación á empresa COPCISA das obras de modernización da praza de abastos de Lugo, por un importe de 1.050.080 euros e un prazo de execución de 102 días naturais, é dicir, 3 meses e 12 días.
A Concellería de Concello e Cidadanía pecha mañá o prazo para participar nos concursos de fotografía e epitafios que organizou para conmemorar o Día de Defuntos.
A páxina web do Concello, lugo.gal, publica a declaración de bens patrimoniais e de causas de incompatibilidade e de actividades dos 25 concelleiros e concelleiras da Corporación.
As declaracións feitas polo Presidente da Xunta de Galicia en Lugo, quen sinalou que “faremos o que manden os médicos con Hemodinámica 24 horas e non o que digan os Alcaldes do PSOE”, demostran que “Feijóo non se entera”.
A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, o presidente do colectivo Somos unidos por el cáncer, José Manuel Vázquez, e a directora técnica desta asociación e oncóloga adxunta a este servizo do HULA, Begoña Campos, presentaron este luns no Salón de Plenos o I
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 83
- 84
- 85
- 86
- 87
- 88
- 89
- 90
- 91
- …
- seguinte ›
- última »