
A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión Social, Ana María González Abelleira, presentou este xoves no Salón de Plenos a nova programación de animación sociocultural dirixida a persoas adultas e a nenos e nenas que o Concello de Lugo organiza a partir de outubro.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, dentro da súa rolda de encontros con colectivos sociais e empresariais da cidade, mantivo este venres un encontro con representantes da Fundación Secretariado Gitano (FSG), unha entidade sen ánimo de lucro que dende os anos 60 presta servizos para a promoción int

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, deu a coñecer este martes tras a Comisión de Festas a programación do San Froilán Miúdo 2015, que contará con máis dunha vintena de actividades pensadas para os máis cativos.

No que vai de ano a Casa da Muller atendeu a un total de 213 mulleres, das cales 95, un 45%, achegáronse por primeira vez a este centro municipal de atención personalizada e confidencial que ofrece un servizo gratuíto de información e asesoramento ás mulleres.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo este venres no Concello unha reunión co vicepresidente da Asociación pola Liberdade Afectiva e Sexual de Lugo (ALAS), Marcos Fernández; un encontro no que a rexedora lle transmitiu o apoio continuado do Concello ás organizacións que co seu compromiso e co

Preto de 250 persoas se achegaron ás praias da Mariña e da zona da Coruña durante os meses de xullo e agosto, grazas ás viaxes subvencionadas do Concello.
A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, deu a coñecer as novas actividades lúdicas, educativas e preventivas, dirixidas aos nenos e nenas e adolescentes de ata 16 anos, que organiza o Concello no barrio da Milagrosa, dende o vindeiro martes, 18 de agosto,
O Concello de Lugo expresa a súa total repulsa e condena pola tráxica escalada de asasinatos machistas que se está a producir, que acabou coa vida de 9 mulleres e 4 menores no mes de xullo e no que vai de agosto.
O servizo que ofrece o Concello de Lugo de comida a domicilio a persoas maiores, o denominado Xantar no Fogar, repartiu máis de 8.200 menús no primeiro semestre do ano.
O Concello aprobará mañá mércores, na Xunta de Goberno, incorporar ao Plan Estratéxico de Subvencións unha axuda por valor de 130.000 euros á Asociación de Pais ou Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual de Lugo (ASPNAIS) para a redacción do proxecto técnico das obras de reforma que a en
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 303
- 304
- 305
- 306
- 307
- 308
- 309
- 310
- 311
- …
- seguinte ›
- última »