
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, convocaba e presidía esta mañá unha Mesa Técnica de Seguridade para planificar o dispositivo co que se desenvolverá a

O Vello Cárcere acolleu durante a tarde de hoxe a benvida ao Apalpador, organizada por A Mesa Pola Normalización Lingüística, A Volta do Agro, Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy, Cántigas e Frores, Madia Leva!, O Xeito, Semente Lugo, Tradescola e Troupelear, e coa que este ano colaborou a á

O Concello de Lugo vén de abrir o prazo de inscrición para a programación de Aulas Abertas, que oferta un Nadal máis, coa finalidade de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral nas vacacións destas datas.
A área de Benestar convida á cidadanía lucense a participar nas actividades organizadas polo Concello para celebrar, o próximo xoves 19, o Día das Persoas Maiores.

A alcaldesa de Lugo Lara Méndez, acompañada doutros concelleiros e militantes socialistas, participaba esta mañá na concentración convocada diante da Subdelegación do Goberno para esixir a continuidade de Alcoa.

O novo ascensor do Sagrado Corazón está nas últimas probas antes de ser recepcionado polo Concello de Lugo e de que comece a funcionar. Para poder facilitarlle o acceso á poboación hoxe abríronse as escaleiras, co fin de evitar que dean toda a volta á mazá.
Mañá, a partir das 12:00 horas terá lugar unha visita guiada e aberta a toda a veciñanza ao novo pulmón verde da cidade creado nas Gándaras, que finalizará ás 13.00 horas cun magosto, o primeiro que se organiza nesta zona.

A edil de Cultura, Maite Ferreiro, presentou as actividades de Nadal para o concello de Lugo. As actividades comezarán o día 14 de decembro e pecharanse o día 5 coa Cabalgada de Reis.

A Casa das Asociacións e os centros María Balteira e do Sagrado Corazón están a experimentar estes días un lavado de cara que redundará na mellora da súa imaxe.

A Policía Local de Lugo impartiu durante as últimas semanas diversos cursos, a todas as policías locais do resto da provincia, relacionados coa intervención policial en casos de violencia de xénero, homologados pola Academia Galega de Seguridad Pública.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 233
- 234
- 235
- 236
- 237
- 238
- 239
- 240
- 241
- …
- seguinte ›
- última »