Lugo recibe ao Apalpador no Vello Cárcere

A área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua colaborou coa actividade desenvolvida por nove colectivos lucenses

Sábado, 21 de decembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo recibe ao Apalpador no Vello Cárcere

O Vello Cárcere acolleu durante a tarde de hoxe a benvida ao Apalpador, organizada por A Mesa Pola Normalización Lingüística, A Volta do Agro, Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy, Cántigas e Frores, Madia Leva!, O Xeito, Semente Lugo, Tradescola e Troupelear, e coa que este ano colaborou a área de Cultura, encadrando esta actividade dentro da programación de Nadal.

A Benvida ao Apalpador comezou ás 16 horas, con tres ruadas musicais que partiron simultaneamente de Ramón Ferreiro, San Roque e da Porta de San Fernando. Remataron no Vello Cárcere, dando paso ás 16:30 ao obradoiro “Descubre a fauna do Courel”. A partir das 17 horas, as nenas e nenos desfrutaron do conto “Os camiños do Apalpador”, que rematou ás 17:30 coa chegada do Apalpador. Ás 18:15 e ás 19 horas, dous novos obradoiros, “Troupelear e Cantos de Nadal”, e “Danza das fitas” continuaron a animar a tarde, que rematou a partir das 19:30, cunha foliada final a cargo da Volta do Agro, Cántigas e Frores e a Tradescola.

A edil de Cultura, Maite Ferreiro, destacou “a importancia desta actividade no importante traballo de promocionar e recuperar os elementos culturais da nosa terra”.

 

Multimedia

  • Lugo recibe ao Apalpador no Vello Cárcere
  • Lugo recibe ao Apalpador no Vello Cárcere

Noticias relacionadas