
O Concello de Lugo destinará 5.918.842’51 euros, procedentes do Remanente de Tesourería, a importantes investimentos na cidade.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Presidente da Asociacion Lugo Monumental, Luis Latorre, fixeron entrega este mércores dun recoñecemento a Daniel Romay, logo de toda unha vida dedicada á hostalería.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada polo edil de Urbanismo, Miguel Couto, supervisou as obras do centro social Paco Martín, ubicado no barrio da Piringalla, que avanzan a bo ritmo.

O executivo de Lara Méndez continúa a dar pasos para acadar o dimensionamento axeitado do cadro de persoal da institución local co fin de incrementar a eficiencia dos servizos municipais.

O Goberno de Lara Méndez dá un paso máis na súa aposta pola formación e especialización dos emprendedores e emprendedoras lucenses, como resposta á crise derivada da pandemia.

Lugo formará parte da rede de cidades atractivas para a inversión, Invest in Cities 2020.

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou que a Xunta de goberno de mañá aprobará a adxudicación do prego de mantemento dos edificios municipais.

Un servizo eficaz, axeitadamente dimensionado e baseado na xestión sostible.

O executivo de Lara Méndez avanza na adxudicación para a execución de obras do Fogar do Transeúnte, por un importe conxunto de 39.000€. O centro, que se ubica na rúa Deputación, disporá con esta reforma de de 28 prazas para dormir.

A alcaldesa, Lara Méndez, aplaudía hoxe a chegada dun novo Xulgado do Social á cidade e agradeceu ao actual titular deste Ministerio o paso dado para dotar a Lugo dunha estrutura acorde ás necesidades do concello e ao volume de traballo que recibe.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 72
- 73
- 74
- 75
- 76
- 77
- 78
- 79
- 80
- …
- seguinte ›
- última »