Lara Méndez recibe no Concello ao comandante do Exército de Terra

Jose Antonio Roldán entrevistouse coa rexedora lucense no marco dun encontro institucional.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu hoxe no seu despacho ao comandante do Exército de Terra, José Antonio Roldán.

Mércores, 15 de setembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez recibe no Concello ao comandante do Exército de Terra

A xuntanza enmárcase no conxunto de encontros que a rexedora mantén periodicamente co resto de administracións, organismos públicos e Corpos e Forzas de seguridade do Estado, dentro da actividade institucional do Concello.

Durante a reunión, Lara Méndez interesouse pola actividade que desenvolve o Exército de Terra en Galicia, pola disposición de medios e efectivos cos que conta esta organización, así como polas cuestións que teñen alcance directo no municipio e na provincia. A alcaldesa aproveitou a visita para agradecerlle ao comandante Jose Antonio Roldán o labor desempeñado polo operativo militar dende a súa chegada ao cargo.

Noticias relacionadas