Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez recibe no Concello ao comandante do Exército de Terra

Lara Méndez recibe no Concello ao comandante do Exército de Terra

Jose Antonio Roldán entrevistouse coa rexedora lucense no marco dun encontro institucional.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu hoxe no seu despacho ao comandante do Exército de Terra, José Antonio Roldán.

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Axenda institucional
Mércores, 15 de setembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez recibe no Concello ao comandante do Exército de Terra

A xuntanza enmárcase no conxunto de encontros que a rexedora mantén periodicamente co resto de administracións, organismos públicos e Corpos e Forzas de seguridade do Estado, dentro da actividade institucional do Concello.

Durante a reunión, Lara Méndez interesouse pola actividade que desenvolve o Exército de Terra en Galicia, pola disposición de medios e efectivos cos que conta esta organización, así como polas cuestións que teñen alcance directo no municipio e na provincia. A alcaldesa aproveitou a visita para agradecerlle ao comandante Jose Antonio Roldán o labor desempeñado polo operativo militar dende a súa chegada ao cargo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-recibe-no-concello-ao-comandante-do-exercito-de-terra