A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, enviou sendas cartas á Ministra de Fomento, Ana Pastor, e aos presidentes da Deputación de Lugo, Elena Candia, e da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Francisco Marín Muñoz, para abordar conxuntamente iniciativas pendentes destes organismos coa cidade e saca

A Alcaldesa, Lara Méndez, a Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o presidente do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA), José Antonio Fernández, visi

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo este venres no Concello un encontro con Darío Rivas, un dos maiores expoñentes da defensa das vítimas do franquismo e das súas familias.
Nunha nova mostra de transparencia, o Concello facilitará semanalmente á oposición todos os contratos menores tramitados pola administración local, segundo informou a Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto.
Preto de 27.000 persoas contactaron co Servizo de Información 010 do Concello de Lugo no primeiro semestre do ano. Esta plataforma de atención á cidadanía recibiu máis de 25.560 chamadas e preto de 1.500 correos electrónicos nos primeiros seis meses do que vai de ano.

“O Goberno de Rajoy somete un ano máis a Lugo e aos lucenses a unha gravísima e intolerable discriminación; considéranos cidadáns de segunda”.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, esixiu ao Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na reunión que mantiveron este luns en Santiago que, “por riba das cifras”, dote a Lugo de Hemodinámica 24 horas. “É o xusto”, subliñou a rexedora.

O Concello colabora con este certame cunha achega de 15.000 euros. “Enmárcase na nosa aposta por promover un turismo do século XXI: cultural, gastronómico, accesible, interactivo e ben posicionado”, subliñou Méndez

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, reuniuse este venres con colectivos veciñais do municipio para escoitar as súas necesidades e demandas, e transmitirllas ao Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoó, na entrevista que manterán o vindeiro luns en Santiago.

A Policía Local coordinou e levou a cabo a primeira hora deste xoves o precintado dos 63 parquímetros do servizo público de regulación de aparcamentos, a ORA, existentes na cidade, uns traballos que concluíron sobre as 11.30 horas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 219
- 220
- 221
- 222
- 223
- 224
- 225
- 226
- 227
- …
- seguinte ›
- última »