
A Banda Municipal de Música ofreceu este xoves o tradicional concerto de Santa Icía, patroa dos músicos, pero nesta ocasión dun xeito máis especial, posto que o evento musical estivo marcado pola despedida do director da agrupación, Rosendo Ivorra.

Ampliar a formación dos axentes da Policía Local en protección de medio ambiente. Este é o obxectivo do curso que acolle dende onte e ata este xoves a aula de formación das instalacións municipais de Sanfiz, no que participan máis de 20 efectivos.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, formaron parte do xurado do II Concurso de Tapas da Milagrosa, que este luns se reuniu no establecemento Groliños para degustar as distintas presentacións participantes

Mellorar o entorno e as potencialidades da Praza de Abastos e dinamizar o centro da cidade. Con este obxectivo ábrese o acceso peonil subterráneo entre o aparcadoiro de Santo Domingo e a Praza de Abastos, recentemente modernizada.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, asistiron este venres na Milagrosa ao acto pola eliminación da violencia contra as mulleres, que foi organizado pola Parroquia deste barrio, Manos Unidas, Policía Nacional, Asociac

O mércores, Lugo camiñará contra a violencia grazas a unha iniciativa dos alumnos e alumnas e traballadores e traballadoras da Fundación TIC da Deputación.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada pola presidenta da Asociación de Veciños As Gándaras, Ponte Romai, Albeiros, Virxe da Soidade, Belén Ramos, realizou este xoves unha visita a Albeiros para coñecer de primeira man as principais necesidades deste barrio.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asinou este xoves no Pazo de Raxoi o protocolo da campaña En Negro Contra a Violencia, á que se sumou a entidade local luguesa, xunto a outros 16 concellos galegos, para sensibilizar á cidadanía contra a violencia de xénero no eido municipal, a través da coordina

O Salón de Comisións do Concello de Lugo acolleu este mércores unha reunión da Xunta Local de Seguridade, tras poñerse en contacto a Alcaldesa, Lara Méndez, co Subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, para abordar os distintos temas de actualidade en materia de seguridade “que nos preocupa

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidiu este mércores a toma de posesión dun axente con praza fixa en Ferrol que permutou cun axente con praza fixa nesta cidade. Ao acto, no que a rexedora lle deu a benvida ao novo axente, tamén asistiu o Xefe da Policía Local de Lugo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 172
- 173
- 174
- 175
- 176
- 177
- 178
- 179
- 180
- …
- seguinte ›
- última »