
O local social dos maiores do Sagrado Corazón acolleu este mércores a primeira xuntanza do Goberno de Lugo coa veciñanza para implicala nos Orzamentos Participativos, un proceso no que será a cidadanía a que decida en que e en onde investir os orzamentos municipais.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo este mércores unha encontro con veciños e veciñas do entorno da praza de Alacante durante o que lles detallou os proxectos que o Goberno que dirixe ten previsto levar a cabo a curto prazo na zona, e que suman preto de 190.000€.

As distintas xestións e a vontade política do Goberno de Lara Méndez fixeron realidade este luns o derrubamento do tapón urbanístico da Avenida da Coruña.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo este xoves un encontro con veciños e veciñas de Garabolos, aos que explicou as melloras que en materia de mobilidade ten en marcha o Goberno local no barrio.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, continuou este martes na Piringalla, xunto ao voceiro municipal, Miguel Fernández, o seu percorrido polos barrios para explicar aos veciños e veciñas os proxectos que impulsa o seu Goberno e coñecer ao mesmo tempo de primeira man as súas necesidades.

O Parque Infantil de Tráfico despediu este luns aos nenos e nenas dun novo curso de verán de seguridade viaria, concretamente da súa 17ª edición.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu este venres no Concello ao novo delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, co que “se abre unha nova etapa na que a nosa cidade volverá a estar no mapa despois de tantos anos de abandono por parte do Goberno central”.

O Goberno de Lugo vén de poñer en marcha os Orzamentos Participativos, coa finalidade de que a cidadanía luguesa erga a man e tome a palabra, que decida en que e en onde se invistan os orzamentos municipais, e achegue as súas propostas para materializar as súas necesidades, inquedanzas o

O auditorio do centro sociocultural O Vello Cárcere acolleu este xoves a clausura e entrega de diplomas do curso de verán da Escola Universitaria de Relacións Laborais Dereito en serio e de broma II: Coas cousas de comer non se xoga, centrado na importancia dos alimentos e a gastronomía

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, xunto ao voceiro municipal, Miguel Fernández, explicou este xoves á veciñanza de Albeiros durante unha xuntanza as actuacións que prevé levar adiante o Goberno no barrio, entre elas, a mellora do parque infantil, cun investimento superior aos 86.000€, así como de
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 116
- 117
- 118
- 119
- 120
- 121
- 122
- 123
- 124
- …
- seguinte ›
- última »