Por mor dunha recente sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o Concello de Lugo modificará a ordenanza fiscal que regula o imposto municipal sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana para adaptar os artigos relativos ás plusvalías cando hai vendas a perdas.
A Xunta de Goberno aprobou este mércores a contratación conxunta, por primeira vez na historia do Concello, de todo o subministro eléctrico nos inmobles municipais e espazos públicos, o que mellorará substancialmente a eficiencia do servizo.

Lugo será esta fin de semana a capital canina de España coa celebración no Pazo de Feiras, por primeira vez na cidade, de probas de agility, puntuables para os campionatos de España e do mundo, e exposicións nacionais e internacionais de morfoloxía canina.

A Alcaldesa, Lara Méndez, presidiu este luns a recepción ofrecida pola Corporación municipal no Salón de Plenos ás deportistas lucenses Tania Fernández, piragüista, e Sara Álvarez, judoca, en homenaxe e recoñecemento á súa brillante traxectoria, chea de “esforzo, traballo, ilusión e superación”,
O Concello de Lugo traballa na convocatoria dun proceso de libre designación para cubrir a xefatura da Policía Local.

A Alcaldesa, Lara Méndez, recibiu este luns de mans da Fundación Telefónica o recoñecemento de Lugo como Cidade Mapcesible polo compromiso e labor de sensibilización do Concello na accesibilidade dos espazos públicos.

Os legados arquitectónicos que definiron distintas épocas do urbanismo lugués protagonizan o calendario municipal do 2019, que pode descargarse xa na páxina web municipal, www.lugo.gal. Tamén hai exemplares en papel na Casa Consistorial.

A Alcaldesa, Lara Méndez, participou este venres nunha actividade desenvolvida polo colexio San José para loitar contra os estereotipos de xénero co obxectivo de que os nenos e nenas máis pequenos coñecesen en primeira persoa a mulleres que ocupan profesións e cargos que xeralmente se asocian a f

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañou esta mañá ao rexedor ferrolán, Jorge Suárez, e ao resto de Corporación de Ferrol, municipio co que Lugo está irmandado, no acto de celebración do seu patrón, San Xiao, no que se homenaxeou a distintas personalidades referentes do mundo da Universidade,
Os Reis Magos chegaron esta tarde a Lugo en carrozas "de conto".
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 104
- 105
- 106
- 107
- 108
- 109
- 110
- 111
- 112
- …
- seguinte ›
- última »