A alcaldesa dá a benvida a seis funcionarios que hoxe tomaron posesión dos seus cargos

Con estas incorporacións refórzanse os servizos de Persoal, Licenzas, Rexistro, Deportes e Estatística e Cemiterio

Venres, 15 de novembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa dá a benvida a seis funcionarios que hoxe tomaron posesión dos seus cargos

A rexedora de Lugo, Lara Méndez, acompañada pola edil de Gobernanza, Paula Alvarellos, efectivizaba esta mañá a toma de posesión de seis funcionarios.

Trátase das Xefas dos Negociados de Persoal e Licenzas, prazas provistas por Concurso, e de tres administrativas destinadas ás áreas de Rexistro, Deportes e Estatística e Cemiterio asi como dun administrativo que desempeñará as súas funcións no Servizo de Licenzas, postos estes, cubertos mediante sistema de concurso – oposición en quenda de promoción interna.

Alcaldesa e concelleira déronlles esta mañá a benvida asegurando que se trata de “incorporacións moi importantes que redundarán na mellora do funcionamento dos servizos e que propiciarán tamén a axilización da tramitación nos departamentos aos que foron asignados”, concluíu Lara Méndez.

Noticias relacionadas