O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta mañá a visita dun grupo de 16 mozos e mozas da cidade de Leipzig, en Alemaña, de intecambio no IES A Nosa Señora dos Ollos Grandes e que están esta semana de intercambio coas familias dos alumnos lucenses que xa estiveron no mes de marzo en Alema
O Museo Porta Miñá conta cun novo espazo arqueolóxico denominado A peza destacada e na que se expón por primeira vez diferentes restos romanos aparecidos nas excavacións da cidade e que non foron expostos antes.
Un ano máis, e xa van seis, este evento serviu de escaparate do mellor da moda, o deseño e a artesanía lucense, feito ó que se engade o carácter benéfico da Gala, posto que a recadación íntegra da venda de entradas irá destinada ao Fogar do Transeúnte da capital luguesa.
O Alcalde, José López Orozco, amosou hoxe a súa satisfacción pola sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 que lle dá a razón ó Concello de Lugo na decisión do Goberno local de convocar un novo concurso para adxudicar a xestión da ORA.
O Alcalde, José López Orozco, reuniuse hoxe co Secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoan Vázquez Mao, co que tratou sobre os proxectos de futuro con especial interese para Lugo da entidade que agrupa a 38 concellos de Galicia e o Norte de Portugal.
O Voceiro do Goberno local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, anunciou que a Xunta de Goberno Local aprobou a actualización do III Plan Estratéxico de subvencións do Concello por importe de 1.859.600 euros.
Comezaron hoxe os traballos de demolición da casa abandonada do río Rato, para proceder á creación de novos espazos verdes na zona, tal e como avanzaron, o pasado 27 de marzo, o Alcalde, José López Orozco, e a Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez.
O Concello de Lugo lembra que hoxe é o derradeiro día de exposición ao público do censo electoral, co obxecto de que todos os veciños e veciñas empadroados no noso concello poidan comprobar a súa correcta inscrición nas listas de votación e, no caso de erro, poidan facer as reclamacións oportunas
O Alcalde, José López Orozco, reuniuse hoxe con responsables da Rede Galega contra a Pobreza, entidade que agrupa a 126 asociacións que traballan en Galicia contra a exclusión social.
O Voceiro do Goberno local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, volveu reivindicar hoxe a execución de todos os proxectos incluídos no convenio do Plan Paradai.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 201
- 202
- 203
- 204
- 205
- 206
- 207
- 208
- 209
- seguinte ›
- última »