CAMBIOS DE TITULARIDADE DE ACTIVIDADES (Comunicación previa/declaración responsable/licenza apertura)

Código: 
269
Presentación: 
Presencial
Descarga

Que documentación hai que presentar?

1.-     DOCUMENTACIÓN XENÉRICA QUE TERÁ QUE SER PRESENTADA:

  • Na presentación física a instancia Modelo 269 e na presentación telemática cumplimentar o procedemento Y009.
  • Xustificante de pagamento dos tributos municipais. Para realizar a correspondente autoliquidación dos tributos deberá poñerse en contacto co Servizo de Facenda Local do Concello, presencialmente ou a través do correo electrónico aperturas@lugo.gal.
  • No caso de actuar en representación, autorización escrita da persoa solicitante ou copia de poder para representala.
  • No caso de que a actividade sexa exercida por unha sociedade ou comunidade de bens, deberase presentar copia da súa constitución.

2.-     ACTIVIDADES INCLUÍDAS NO CATÁLOGO DE ESPECTÁCULOS PÚBLICOS, ACTIVIDADES RECREATIVAS E ESTABLECEMENTOS ABERTO AO PÚBLICO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA, aprobado por Decreto 124/2019, de 5 de setembro.

Ademais da documentación anteriormente citada, deberase achegar:

  • Póliza de seguro de responsabilidade civil obrigatorio, prevista na normativa en materia de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, e o recibo de pagamento das primas correspondentes ao periodo do seguro en curso, ou copia destas.
  • Documento acreditativo da dispoñibilidade do establecemento ou espazo aberto o público en calidade de propietarios/as ou arrendatarios/as ou calquera outro título xurídico.

Como cubrir a instancia/procedemento?

  1. Se o interesado neste procedemento é persoa xurídica está obrigada a iniciar o procedemento electrónico Y009, a través da sede electrónica do Concello, cubrindo todos os campos (artigo 16.8 da Lei 39/2015, de 1 de outubro).
  2. Deberanse cubrir todos os campos da instancia e aportar a documentación que se requira segundo o caso.
  3. A falta de datos na instancia ou da preceptiva documentación, implicará a ineficacia da comunicación por incompleta, se non se subsana a falla.