Un total de 170 persoas participaron no Imos Andando

Xoves, 17 de xuño de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Un total de 170 persoas participaron esta tarde na marcha organizada polo Concello de Lugo, a través da Concellería de Benestar Social e Igualdade e da Concellería de Deportes coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo.

A nova edición do Imos Andando saíu do Atrio da Catedral ás 16:00 horas cun percorrido que levou aos participantes polo adarve da Muralla e no que visitaron o Museo Porta Miñá, o Centro de Artesanía, o Museo de San Roque para acabar nos xardíns da Deputación.

Ano tras ano esta actividade destinada aos maiores de 60 anos da cidade, conta cun maior número de participantes.

 

Noticias relacionadas