Un libro editado polo Concello homenaxea a Xesús Rodríguez López, membro fundador da Academia Galega

Lara Méndez, Carmen Basadre, Darío Xohán Cabana e o autor do libro, Manuel Calvo, presentaron esta publicación “que representa un paso moi notable na recuperación dun importante personaxe lucense que foi vítima dun esquecemento inxusto durante moitas décadas”

Mércores, 28 de setembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Un libro editado polo Concello homenaxea a Xesús Rodríguez López, membro fundador da Academia Galega

O Concello de Lugo editou o libro Epistolario A/ de Xesús Rodríguez López, membro fundador da Academia Galega. A publicación presentouse este mércores no Salón de Plenos do Concello nun acto ao que asistiu a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, o coordinador de publicacións da entidade local, Darío Xohán Cabana, e o propio autor do libro, Manuel Calvo.

Durante a presentación, Lara Méndez subliñou que a presentación deste libro “representa un paso moi notable na recuperación dun importante personaxe lucense que foi vítima dun esquecemento inxusto durante moitas décadas. Xesús Rodríguez López, médico, escritor, dinamizador cultural e cun compromiso político que o levou mesmo a ser concelleiro liberal deste noso Concello”. Así mesmo, a Alcaldesa lembrou a obra literaria en galego de Rodríguez López, así como o seu libro escrito en castelán, titulado Supersticiones de Galicia y preocupaciones vulgares.

A Alcaldesa tamén tivo palabras para lembrar que o vindeiro ano se celebra o centenario do pasamento de Rodríguez López, así como para o propio autor, que traballa na transcrición e preparación de textos dalgunha obra inédita que deixou Xesús Rodríguez para a súa edición.

Multimedia

  • Un libro editado polo Concello homenaxea a Xesús Rodríguez López, membro fundador da Academia Galega

Noticias relacionadas