Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Un libro editado polo Concello homenaxea a Xesús Rodríguez López, membro fundador da Academia Galega

Un libro editado polo Concello homenaxea a Xesús Rodríguez López, membro fundador da Academia Galega

Lara Méndez, Carmen Basadre, Darío Xohán Cabana e o autor do libro, Manuel Calvo, presentaron esta publicación “que representa un paso moi notable na recuperación dun importante personaxe lucense que foi vítima dun esquecemento inxusto durante moitas décadas”

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Cultura e Turismo
Mércores, 28 de setembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Un libro editado polo Concello homenaxea a Xesús Rodríguez López, membro fundador da Academia Galega

O Concello de Lugo editou o libro Epistolario A/ de Xesús Rodríguez López, membro fundador da Academia Galega. A publicación presentouse este mércores no Salón de Plenos do Concello nun acto ao que asistiu a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, o coordinador de publicacións da entidade local, Darío Xohán Cabana, e o propio autor do libro, Manuel Calvo.

Durante a presentación, Lara Méndez subliñou que a presentación deste libro “representa un paso moi notable na recuperación dun importante personaxe lucense que foi vítima dun esquecemento inxusto durante moitas décadas. Xesús Rodríguez López, médico, escritor, dinamizador cultural e cun compromiso político que o levou mesmo a ser concelleiro liberal deste noso Concello”. Así mesmo, a Alcaldesa lembrou a obra literaria en galego de Rodríguez López, así como o seu libro escrito en castelán, titulado Supersticiones de Galicia y preocupaciones vulgares.

A Alcaldesa tamén tivo palabras para lembrar que o vindeiro ano se celebra o centenario do pasamento de Rodríguez López, así como para o propio autor, que traballa na transcrición e preparación de textos dalgunha obra inédita que deixou Xesús Rodríguez para a súa edición.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/un-libro-editado-polo-concello-homenaxea-xesus-rodriguez-lopez-membro-fundador-da-academia