A entrada nos autobuses urbanos farase pola porta traseira e será gratuíto para evitar o contacto entre as persoas condutoras e as usuarias
Nos buses quedará inutilizada unha de cada dúas filas de asentos para incrementar a separación entre as persoas que utilicen o transporte urbano

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, informou sobre as novas medidas que se tomaron a partir de este domingo para mellorar condicións de seguridade nos buses urbanos a respecto da prevención de contaxios do corona virus. Xa dende a semana pasada, a empresa adxudicataria incrementou e implementou os protocolos de limpeza e desinfección na flota de buses. A partir de este domingo foron precintadas unha de cada dúas filas de asentos para aumetar a distancia de separación entre as persoas usuarias.
Rubén Arroxo explicou que, segundo o Real Decreto de declaración de estado de Alarma no estado español, o transporte urbano público debe seguir mantendo os seus servizos ao 100 % e “para evitar riscos de contaxio ás persoas que conducen o servizo de autobuses pasa a ser gratuíto e deixarase de cobrar, evitando así o contacto entre as persoas usuarias e quen conduce os vehículos”. Estas medidas manteranse ata novo aviso e aplícanse en todas as liñas.
Audio
- O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, sobre a gratuidade do bus urbano e das medidas de limpeza | Descargar mp3