Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Rubén Arroxo anunciou a gratuidade do bus urbano e a adopción de medidas para evitar riscos de contaxio

Rubén Arroxo anunciou a gratuidade do bus urbano e a adopción de medidas para evitar riscos de contaxio

A entrada nos autobuses urbanos farase pola porta traseira e será gratuíto para evitar o contacto entre as persoas condutoras e as usuarias

Nos buses quedará inutilizada unha de cada dúas filas de asentos para incrementar a separación entre as persoas que utilicen o transporte urbano

  • Tema
    • COVID-19,
    • Transporte,
    • Seguridade,
    • Buses urbanos
Luns, 16 de marzo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo anunciou a gratuidade do bus urbano e a adopción de medidas para evitar riscos de contaxio

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, informou sobre as novas medidas que se tomaron a partir de este domingo para mellorar condicións de seguridade nos buses urbanos a respecto da prevención de contaxios do corona virus. Xa dende a semana pasada, a empresa adxudicataria incrementou e implementou os protocolos de limpeza e desinfección na flota de buses. A partir de este domingo foron precintadas unha de cada dúas filas de asentos para aumetar a distancia de separación entre as persoas usuarias.

Rubén Arroxo explicou que, segundo o Real Decreto de declaración de estado de Alarma no estado español, o transporte urbano público debe seguir mantendo os seus servizos ao 100 % e “para evitar riscos de contaxio ás persoas que conducen o servizo de autobuses pasa a ser gratuíto e deixarase de cobrar, evitando así o contacto entre as persoas usuarias e quen conduce os vehículos”. Estas medidas manteranse ata novo aviso e aplícanse en todas as liñas.

Audio

  • O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, sobre a gratuidade do bus urbano e das medidas de limpeza | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ruben-arroxo-anunciou-gratuidade-do-bus-urbano-e-adopcion-de-medidas-para-evitar-riscos-de

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/2020-03-15_ruben_arroxo_buses.mp3