‘Rosalía Ilustrada’ chega ao Vello Cárcere con 35 interpretacións de textos rosalianos

A mostra reúne obras orixinais de 35 ilustradores e poderá visitarse ata o 22 de outubro

Mércores, 02 de setembro de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
‘Rosalía Ilustrada’ chega ao Vello Cárcere con 35 interpretacións de textos rosalianos
O primeiro andar do Bloque de Mulleres do Vello Cárcere acolle desde hoxe a exposición ‘Rosalía Ilustrada’, unha mostra organizada pola Fundación Rosalía de Castro que reúne 35 obras orixinais de ilustradores e ilustradoras galegos, que ofrecen a súa particular interpretación gráfica de textos de Rosalía de Castro.
 
A inauguración contou coa participación do presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, e do concelleiro de Turismo e Museos, Agustín Gallego.
 
A exposición poderá visitarse no Vello Cárcere ata o 22 de outubro e recupera un proxecto iniciado en 2004, ao que nesta edición se incorporan dez novos autores e autoras.

Multimedia

  • ‘Rosalía Ilustrada’ chega ao Vello Cárcere con 35 interpretacións de textos rosalianos

Noticias relacionadas