Luns, 12 de novembro de 2007
Fonte:
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo, a través da Policía Local, custodia preto de cen obxectos perdidos na oficina que ten este organismo destinada ao efecto.
A maioría dos obxectos perdidos son DNIs e documentación, así como carteiras e moedeiros. Tarxetas, permisos de circulación e xoias conforman este grupo de obxectos que poden ser recollidos polos seus propietarios nas oficinas da Policía Local situadas na praza da Constitución.
O listado dos obxectos pode ser consultado na web municipal, www.lugo.es, dentro da Consellería de Protección da Comunidade.