Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Relación de obxectos custodiados pola Policía Local

Relación de obxectos custodiados pola Policía Local

  • Tema
    • Protección da comunidade
Luns, 12 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo, a través da Policía Local, custodia preto de cen obxectos perdidos na oficina que ten este organismo destinada ao efecto.

A maioría dos obxectos perdidos son DNIs e documentación, así como carteiras e moedeiros. Tarxetas, permisos de circulación e xoias conforman este grupo de obxectos que poden ser recollidos polos seus propietarios nas oficinas da Policía Local situadas na praza da Constitución.

O listado dos obxectos pode ser consultado na web municipal, www.lugo.es [1], dentro da Consellería de Protección da Comunidade.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/relacion-de-obxectos-custodiados-pola-policia-local-0

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.es