Rubén Arroxo: “seguimos traballando en organizar actividades seguras para este Nadal”
A recoñecida poetisa luguesa foi a encargada deste acendido inusual que dará comezo ao Nadal en Lugo

A lucense Raquel Vázquez, poetisa recentemente galardoada, foi a encargada de acender o alumeado de Nadal deste ano, que se realizou cun acto adaptado ás limitacións decretadas polas autoridades sanitarias. A área de Cultura anunciou, de xeito sorpresa, a medios de comunicación e aos grupos municipais deste acendido, para, segundo indicou o Tenente de Alcalde “evitar masificacións no centro da cidade nun acto ao que habitualmente se achegan unha gran cantidade de veciñas e veciños”.
A área de Cultura ampliou este ano a cantidade de rúas a iluminar. Segundo Rubén Arroxo, “dado que non se colocou alumeado festivo durante o San Froilán, puidemos aumentar o orzamento dedicado á decoración ornamental do Nadal”.
Rubén Arroxo afirmou que “desde a área de Cultura continúan a traballar en organizar actividades seguras para este Nadal, seguindo co camiño que fixo posíbel a actividade cultural segura nos últimos meses”, e lembrou que “a Cultura é un ben de primeira necesidade do que viven moitas familias de Galiza, e como administración temos o deber de facilitar o acceso da veciñanza aos contidos culturais”.
Máis info
- Palabras de Raquel Vázquez | Descargar pdf