Preto de 250 veciños de Casás beneficiaranse da renovación da rede de abastecemento e saneamento e da mellora no pavimento que acometerá o Concello

A entidade local licita por 172.885 estas obras, que teñen un prazo de execución de 3 meses

A Xunta de Goberno nomeou este mércores a Manuel Louzao como Asesor Xurídico

Luz verde ao convenio de colaboración entre o Concello e a Consellería de Medio Rural para a participación na prevención e defensa contra incendios forestaris durante os anos 2016, 2017 e 2018

Mércores, 31 de agosto de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Xunta de Goberno deste mércores aprobou a licitación da renovación de servizos e pavimentación no barrio de Casás por 172.855 euros, da que se beneficiarán preto de 250 veciños. Así mesmo aprobouse o proxecto técnico e o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán na licitación, que se fará por procedemento aberto. Así o anunciou esta mañá o voceiro municipal, Miguel Fernández, quen subliñou que se acometerá a renovación da rede de saneamento e abastecemento no núcleo de Casás, a reposición de pavimentos, a base de mesturas bituminosas en quente, e a pavimentación, co mesmo material, das rúas Castiro, Monte Pena Rubia, Francisco Moure e Orquídea, no tramo entre a rúa Castiro e Avenida de Abuín, por mor do mal estado dos tubos de formigón antigos que provocan filtracións e frecuentes atascamentos. No caso da renovacion do pavimento, é debido ao deterioro dos viais dada a antigüidade dos regos bituminosos existentes así como ao tránsito de vehículos que soportan. Os traballos teñen un prazo de execución de tres meses

Esta obras, tal e como informou Fernández, están incluídas dentro do Plan de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal e de Estradas para a anualidade 2016, aprobadas pola Deputación de Lugo.

O anuncio de licitación publicarase no Boletín Oficial da Provincia, así como no perfil do contratante do Concello na páxina web www.lugo.gal. O prazo de presentación de proposicións será de 26 días naturais contados dende a publicación no BOP.

Asesor Xurídico
A Xunta de Goberno aprobou este mércores o nomeamente como Asesor Xurídico ao funcionario municipal Manuel Louzao Aldariz. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, Louzao Aldariz conta cunha traxectoria profesional de máis de 13 anos no Concello como Técnico de Administración Xeral. Exerceu de Xefe do Servizo de Contratación, Patrimonio e Fomento dende o 2008 ao 2015, e é Presidente da Xunta de Persoal dende 2015.

Rotonda do Centro Comercial As Termas
A sesión deste mércores aprobou de xeito inicial o proxecto de obras para a execución dunha rotonda no Centro Comercial As Termas, cun presuposto duns 46.000 euros e un prazo de execución de dous meses. Trátase dunha obra par modificar un dos accesos ao centro comercial, dende a vía que comunica a Avenida Infanta Elena cos viais que conectan a avenida Paulo Favio Máximo co acceso ao Parque de Bomberios, posto que este acceso limita as posibilidades de manobra e xera aglomeración de coches. Deste xeito, con esta nova glorieta facilitarse a mobilidade.

Convenio prevención e defensa contra incendios
Na sesión deste mércores, entre outros asuntos, deuse luz verde ao convenio de colaboración entre o Concello e a Consellería de Medio Rural para a participación na prevención e defensa contra incendios forestaris durante os anos 2016, 2017 e 2018, cofinanciado con fondos FEDER. “Isto permitiranos contar con dúas brigadas de catro peóns e un xefe para labores de prevención e defensa contra incendios forestais no municipio”, subliñou Fernández.

Audio

  • Miguel Fernández, voceiro municipal, sobre as obras no barrio de Casás | Descargar mp3

Noticias relacionadas