A Praza da Soidade acolle mañá actos conmemorativos da proclamación da II República

O Concello ten preparado para mañá, a partir das 11:00 horas, unha ofrenda floral e a lectura dun manfiesto

Venres, 13 de abril de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo conmemora mañá sábado, 14 de abril, a proclamación da II República, hai 87 anos. Será a partir das 11:00 horas cunha ofrenda floral e a lectura dun manifesto, na Praza da Soidade, en fronte ao monolito que rende homenaxe á República.

A entidade local convida a todos os veciños e veciñas a participar nestes actos que celebran a implantación da democracia, dado que o Estado Democrático instalouse en España coa República.

Noticias relacionadas