Polo día mundial da preservación dixital publícanse as Actas Capitulares do Concello do século XVII

Mércores, 06 de novembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Dende a área de Participación e Servizos para a Veciñanza, en conmemoración do día mundial da preservación dixital, publicaranse na web do Concello as Actas Capitulares do Concello, documentos de arquivo datados no século XVII.

Este día celébrase anualmente o primeiro xoves do mes de novembro, este ano baixo o lema “Materiais Dixitais en Risco”. A comunidade de preservación dixital reúnese para celebrar o seu traballo. A celebración deste día esténdese ao longo e ancho do mundo, vista a preocupación existente pola conservación de documentos dixitais tanto no eido da administración como no particular.

A dixitalización levárona a cabo as alumnas e alumnos do obradoiro InteracTICvate, organizado por Desenvolvento Local, que durante os últimos 9 meses estiveron a alternar a súa formación coa realización destes e outros traballos.

Máis info

Noticias relacionadas