Paula Alvarellos acompaña ao alumnado do CEIP Luis Pimentel na visita ás instalacións da Policía Local

Martes, 11 de xuño de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Paula Alvarellos acompaña ao alumnado do CEIP Luis Pimentel na visita ás instalacións da Policía Local

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, acompañou a 48 alumnos e alumnas do CEIP Luis Pimentel na súa visita ás instalacións da Policia Local. A rexedora presidiu a recepción na que, da man do Intendente Xefe da Policía Local de Lugo, Jesús Piñeiro; os pequenos e pequenas de 4º curso de Educación Infantil do centro lucense puideron coñecer o importante labor que realiza a Policía no seu día a día garantindo a seguridade de toda a veciñanza.

Noticias relacionadas