Esta iniciativa enmárcase no movemento Localmente Lucense que a rexedora impulsou para dinamizar as rúas da cidade e fomentar o consumo en establecementos locais.
Así mesmo, mañá regresan os almorzos de negocios cunha nova cita na cafetería Pasarela, para a que están abertas as incricións en www.localmentelucense.gal/almorzo-de-negocios

Os tardeos e noiteos promovidos polo Goberno de Lara Méndez despídense neste mes de setembro cunha ampla variedade de actuacións musicais, obradoiros, e actividades para todas as idades nas diferentes zonas da cidade. Esta programación enmárcase no movemento Localmente Lucense que o executivo municipal puxo en marcha, a través da área de Desenvolvemento Local e Emprego, que dirixe a edil Ana Abelleira, para dinamizar as rúas e os barrios lucenses e impulsar as compras e o consumo no comercio e a hostalería local.
“Os tardeos e noiteos, xunto con outras actividades como os mercadiños á beira do Miño ou as festas temáticas que organizamos na Tinería durante o verán están a resultar un éxito tanto pola participación de veciños e veciñas como pola oportunidade que supoñen estas citas para o comercio e a hostalería da cidade”, valorou Ana Abelleira.
Os tardeos de setembro terán lugar en horario de 17:00 a 20:00 horas, mentres que os noiteos celebraranse de 21:00 a 23:00 horas. Toda a información sobre as diferentes actividades pode atoparse na páxina web https://localmentelucense.gal/tardeosnoiteos/
Almorzo de negocios Localmente Lucense
Así mesmo, a edil lembrou que “mañá, xoves, volven os almorzos de negocios que impulsamos dende o executivo municipal para que o empresariado e os emprendedores amplíen a súa rede de contactos co fin de xerar novas oportunidades de negocio e de emprego”.
Será o quinto que se desenvolverá este ano. Para facilitar á participación, se van organizando en distintos barrios, tamén como unha oportunidade de mobilizar os comercios e negocios da zona. Nesta ocasión, celebrarase na cafetería Pasarela (Rúa Frai Plácido Rei Lemos, 1), en horario de 08:30 a 09:30 horas. Hoxe é o último día para inscribirse a través da páxina web: www.localmentelucense.gal/almorzo-de-negocios.
A edil de Desenvolvemento Local, Ana González Abelleira, convidou ao tecido económico a participar e lembrou que “estes almorzos nacen como un foro no que ampliar a rede de contactos, mellorar a comunicación entre os empresarios e facilitar a creación de lazos”.
Programación dos tardeos e noiteos do mes de setembro
XOVES 1
- TARDEO na Rúa Rafael de Vega
- Xogo de palas: Spiribol Challenge e DJ Marcos Peón
- NOITEO na Pr. do Campo
- Actuación musical con Deté
VENRES 2
- TARDEO na Fonte dos Ranchos
- Funny Photocall, obradoiros de maquillaxe e atrezzo e DJ Alex Nite
- NOITEO no Cruce As Gándaras
- Monólogo de Lois Pérez
SÁBADO 3
- TARDEO na Pr. da Milagrosa **Horario especial: 18:30 a 21:30 horas
- DJ Alex Mei
DOMINGO 4
- NOITEO barrio A Milagrosa **Horario especial: 19:00 a 20:30 horas
- Actuación musical con Charanga Unión Phenosa
SÁBADO 10
- NOITEO na Rúa Divina Pastora
- Actuación musical con Atlántida
LUNS 12
- TARDEO na Pr. da Milagrosa
- Cirqueando na praza, obradoiros e xogos e DJ Marcos Peón
- NOITEO na Pr. Augas Férreas
- Actuación musical con Wicked World
MARTES 13
- NOITEO na vagoada Campus Universitario
- Actuación musical con Nebra
MÉRCORES 14
- TARDEO na Pr. do Castiñeiro
- Espectáculo e obradoiro de maxia con Roberto Lolo e DJ Leivas
- NOITEO en Pr. Campo Castelo
- Actuación musical con Jorobados del Miño
XOVES 15
- NOITEO no Cruce As Gándaras
- Actuación musical con Planeta B
LUNS 19
- TARDEO no Parque Sagrado Corazón
- Xogando no barrio: xogos xigantes interxeracionais e DJ Zé Pequeno
- NOITEO na Pr. da Soidade
- Actuación musical con Holy Damn Band
MARTES 20
- TARDEO na Pr. Augas Férreas
- Xoguemos cos avós: xogos populares galegos e DJ Marcos Peón
- NOITEO na Rúa Divina Pastora
- Actuación musical con Physical Graffiti
MÉRCORES 21
- TARDEO na Pr. da Soidade
- Conto contigo con Capitana Conto e DJ Leivas.
- NOITEO na Fonte dos Ranchos
- Actuación musical con Funkombo
XOVES 22
- TARDEO na Ronda das Mercedes (esquina Avda. De Madrid)
- Festa e bailes na praza e DJ Dr Think
VENRES 23
- NOITEO na Pr. Augas Férreas
- Actuación audiovisual con Hänselus
SÁBADO 24
- TARDEO na Ronda do Carme (esquina Marqués de Ombreiro)
- A feira no teu barrio, obradoiro de malabares e DJ Leivas
DOMINGO 25
- TARDEO nos xardíns do Dr. Miguel A. González López
- Xogando no barrio: xogos xigantes interxeracionais e DJ Lanetti Jr.
LUNS 26
- TARDEO na Fonte dos Ranchos
- Cirqueando na praza, obradoiro de cariocas, xogos de habilidade e DJ Alex Mei
MARTES 27
- NOITEO en A Ponte
- Actuación musical con La Disquetera
MÉRCORES 28
- TARDEO no Parque Roi Xordo (Pr. Roja de Fingoi)
- Xogo de palas: Spiribol Challenge e La Sombra del Humo
- NOITEO na Pr. do Campo
- Actuación musical con Xeosmina
VENRES 30
- TARDEO na Pr. Anxo Fernández Gómez
- Final do concurso de DJ’s.
- NOITEO na Fonte dos Ranchos
- Actuación musical con Carta de Ajuste