Os Centros de Dinamización do Rural ofrecen cursos de novas tecnoloxías para maiores durante o mes de abril

As persoas interesadas xa se poden inscribir para asistir a estes cursos 

Os veciños e veciñas interesadas en aprender e coñecer as novas tecnoloxías xa poden inscribirse para os cursos que se van a desenvolver durante o mes de abril en diferentes Centros de Dinamización Social da zona rural e organizados pola Fundación TIC

Mércores, 01 de abril de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Para inscribirse deberán facelo no 982.225.186. Estes cursos e talleres dirixidos a persoas maiores teñen como obxetivo a promoción da súa autonomía persoal e ser un estímulo para usar as novas tecnoloxías.

Levaranse a cabo tres talleres diferentes:

Mantemos en forma ao cerebro: Memoria, atención e outras capacidades de estimulación cognitiva coa videoconsola Wii que se levará a cabo os dias 8 e 9 de abril nos Centros de Dinamización de San Pedro de Mera entre as 11 e as 13 horas, e no Centro de Poutomillos entre as 16.30 e as 18.30 horas. O seguinte curso desta mesma temática será os dúas 27 e 28 de abril en horario de mañá na parroquia de Meilán e na de Rubiás.

O curso Manéxate coas novas tecnoloxías: coñece a túa tablet impartirase os dias 8 e 9 de abril entre as 11 e as 13 horas no Centro de Santa María de Bóveda e entre as 16.30 e as 18.30 horas no de Santa Comba.

O último dos cursos que se imparte é o Toma e retoca as túas fotos coa tablet os días 8 e 9 de abril entre as 11 e as 13 horas no Centro de Dinamización de San Xoán do Campo, e entre as 16.30 e as 18.30 no de Coeses. A seguinte data son os días 27 e 28 de abril entre as 16.30 e as 18.30 horas en Santiago de Saa e na parroquia de Calde.

Noticias relacionadas