O MIHL, de dobre estreo na tarde de hoxe

Por unha banda, a inaguración da mostra Visións de Lugo, unha recompilación dunhas 20 obras do Certame de Pintura Rápida ao aire libre Cidade de Lugo que organiza anualmente o Concello, pertencentes á edición do 2017 e do 2018

Por outro lado, a celebración da primeira Cata Literaria deste 2019, que nesta edición teñen nome de muller. A poeta Yolanda Castaño abre esta programación, que engloba literatura, con degustación de tapas e música

Xoves, 28 de febreiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O MIHL, de dobre estreo na tarde de hoxe

O Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) vive este xoves unha tarde de dobre estreo, con dúas novas actividades organizadas pola Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre.

Por unha banda, a inaguración da exposición Visións de Lugo, unha recompilación dunhas 20 obras do Certame de Pintura Rápida ao aire libre Cidade de Lugo que organiza anualmente o Concello, pertencentes á edición do 2017 e do 2018. A mostra poderase visitar de martes a sábados, de 11:30 horas a 13:30 horas en xornada de mañá, e de 17:00 a 219:30 horas, en quenda de tarde; e os domingos de 17:00 a 20:00 horas.

Por outro lado, a celebración da primeira Cata Literaria deste 2019, que nesta edición teñen nome de muller. A poeta Yolanda Castaño abre esta programación, que como en anteriores ocasións engloba literatura, con degustación de tapas da gastronomía lucense e música. A maiores, degustación a cargo de Bodegas Regina Viarium. Licenciada en Filoloxía Hispánica, Castaño dase a coñecer a adolescencia, a través dunha serie de premios de poesía, ata que en 1994 publica o seu primeiro libro, Elevar as pálpebras, con 17 anos. Como crítica literaria colaborou en distintas publicacións  e participou en varios volumes colectivos. Foi membro do equipo directivo da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e de Lecturas de Cal, unha editorial de poesía destinada aos novos valores. Acompaña a esta primeira cita a música do pianista Manuel Varela.

As seguintes catas literarias terán lugar o 14 de marzo e o 2 de maio, ás 20:00 horas, nas instalacións do MIHL. Concretamente, a segunda cata correrá a cargo de María Solar, escritora e coordinadora de cultura da Televisión de Galicia e da Radio Galega; encargada de presentar e dirixir o programa cultural ZigZag fin de semana na TVG. A literatura é a súa outra pasión xunto ao periodismo. As súas novelas teñen como público destinatario tanto a adultos como o de todas as idades. A súa obra, escrita orixinalmente en galego, pódese ler tamén en castelán e catalán, e foi traducida internacionalmente ao polaco, agardando ser traducida ao italiano, portugués, chino e filipino.

Audio

  • A concelleira Carmen Basadre, sobre a exposición Visións de Lugo | Descargar mp3

Noticias relacionadas