O Goberno de Lara Méndez estuda a desescalada do Concello con medidas de seguridade para garantir a protección dos usuarios e do persoal municipal

A comisión de Xestión de Crise, presidida pola alcaldesa, abordou hoxe a preparación do proceso de desconfinamento na cidade.

A área de Recursos Humanos deseña un protocolo para que os 182 funcionarios en situación de teletraballo se incorporen paulatinamente aos seus postos.

Entres as medidas que se implantarán nos edificios municipais, está a colocación física de biombos de separación e de dispensadores de solución hidroalcohólica.

Habilitarase un sistema de citas nos departamentos que ofrecen servizo de portelo.

Mércores, 29 de abril de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno de Lara Méndez estuda a desescalada do Concello con medidas de seguridade para garantir a protección dos usuarios e do persoal municipal

A área de Recursos Humanos prepara estes días a volta ao traballo presencial no Concello e, polo tanto, a reanudación da “normalidade” nos diferentes servizos municipais.

A alcaldesa, Lara Méndez, abordaba esta mañá, co resto de integrantes da comisión de Xestión de Crise, as pautas a desenvolver para que a transición se faga de maneira ordenada e, sobre todo, segura tanto no que ten que ver co funcionamento interno da administración como tamén na desescalada do confinamento á que se verá sometida toda a cidade nos vindeiros días e que atinxe tanto a cuestións relativas á recuperación da actividade produtiva, comercial e hostaleira como aos desprazamentos da cidadanía.

Deste xeito, dende a concellería de Gobernanza, a súa responsable, Paula Alvarellos sinala que xa se está a deseñar un protocolo que recolla aquelas medidas capaces de garantir a protección tanto do propio persoal como dos usuarios que acudan ás dependencias municipais.

“Entre as indicacións figura a instalación de biombos de separación e mesmo a colocación de dispensadores de solución hidroalcohólica naqueles puntos con maior afluencia de paso e mesmo se valora a toma de temperatura nos controis de entrada aos diferentes edificios municipais. Ademais habilitarase un sistema de citas naqueles departamentos que ofrecen servizo de portelo, similar ao establecido para o Rexistro neste tempo de Estado de Alarma, para que a atención ao público se poida prestar de forma ordenada e co menor risco de contaxio posible”, refeiru a edil.

Igualmente Paula Alvarellos explicou que, “á vista dos bos resultados obtidos co teletraballo, os 182 empregados e empregadas que nestes momentos se atopan nesta situación se manterán na mesma durante algún tempo de maneira “que nas vindeiras semanas convivirán os dous sistemas mentres se vai realizando a incorporación progresiva aos postos físicos”.

“Trátase, dalgunha maneira, de ir artellando xa as liñas xerais dos novos protocolos de prevención que se deberán contemplar en tódolos ámbitos municipais para acadar que todo o concello volva, pouco a pouco, á situación anterior á chegada do coronavirus coas máximas garantías de seguridade”, concluíu Alvarellos Fondo.

Audio

 

Noticias relacionadas