O Edificio de Novas Tecnoloxías acolle unha xornada sobre desenvolvemento sostible

Mércores, 10 de maio de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Edificio de Novas Tecnoloxías acolle unha xornada sobre desenvolvemento sostible

O Edificio de Novas Tecnoloxías acolleu este mércores a xornada aberta Contribuíndo aos obxectivos de desenvolvemento sostible a través do consumo responsable e o comercio xusto. A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, foi a encargada de inaugurar esta xornada, nun acto no que tamén interviron representantes de IDEAS e de Lugo Xusta, onde a edil lembrou os pasos dados ata o de agora para conseguir ser Cidade polo Comercio Xusto, ademais de convidar á cidadanía a practicar un consumo responsable.

Esta xornada, enmarcada dentro da I Semana Intercultural de Lugo organizada polo Concello e o colectivo Lugo Xusta, busca dar a coñecer experiencias que permitan desenvolver políticas comprometidas co desenvolvemento sostible local e mundial, co ánimo de favorecer actitudes solidarias entre a cidadanía, especialmente asociadas ao modelo de desenvolvemento sostible que precisa de respostas colectivas, tanto no plano público como no social e empresarial.

As conferencias desta xornada correron a cargo de David Comet, membro de IDEAS e coordinador da campaña Cidades polo Comercio Xusto, Paula López, da Universidade de Cantabria, Silvana Folgueira, da USC, e Marta Pérez, da asociación Bico de Grao.

Noticias relacionadas