O Concello recibe ó equipo infantil do Azkar

Xoves, 10 de xuño de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta tarde ó equipo infantil do Azkar Lugo FS que se proclamou Campión de España o domingo pasado.

O Alcalde felicitou no nome da cidade ós membros do equipo que foron recibidos no salón de sesións, onde posaron cos membros da Corporación que tomaron parte na recepción oficial ofrecida polo Concello.

López Orozco eloxiou a traxectoria dos campións de España. Tamén salientou os valores de esforzo e compañeirismo que supón para os rapaces a práctica do deporte e animounos a seguir pola mesma liña sen desatender por elo a súa formación educativa, que é, dixo, plenamente compatible coa adicación ó deporte. E tamén recoñeceu o Alcalde o sacrificio que fan as súas familias no que cualificou de “inversión de futuro”.

O Presidente do Azkar Lugo FS agradeceu no nome do Club o recoñecemento da cidade ó equipo gañador do Campionato de España infantil de Fútbol Sala.

Multimedia

Noticias relacionadas