O Concello ilumínase este luns de cor turquesa para conmemorar o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas

Luns, 14 de xuño de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo conmemora hoxe, luns, 14 de xuño, o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas iluminando, este anoitecer, de cor turquesa a fachada da Casa Consistorial.

A iniciativa, que chega baixo o lema “E ti, por quen signas?” foi trasladada á alcaldía por ASORLU, a Asociación de Persoas Xordas de Lugo, co obxectivo de poñer en valor a importancia que a linguaxe de signos ten para este colectivo e para a consecución dunha sociedade integradora e inclusiva.

Noticias relacionadas