Participarán 13 nenos e nenas entre os días 4 e 29 de xullo no centro de dinamización social da parroquia

O Concello de Lugo, a través da Concellería de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, que dirixe Ana González Abelleira, en colaboración coa Concellería de Deportes e Medio Rural, área da que está á fronte Miguel Fernández, ofrecerá no mes de xullo, entre os días 4 e 29, de luns a venres, actividades de lecer para os máis pequenos no centro de dinamización social da parroquia de Calde. Con esta iniciativa, “activamos un recurso máis para favorer a conciliación familiar e laboral, e dinamizamos ao mesmo tempo o rural, dentro do noso compromiso de Goberno de ofrecer a mesma calidade de servizos e equipamentos na cidade que nas parroquias”, subliñou González Abelleira. Ás actividades acudirán 13 nenos e nenas de Calde e núcleos do seu entorno, como Lamas ou Monte de Meda.