O Concello de Lugo presenta a IV edición do Imos Andando

Luns, 08 de xuño de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentaron hoxe a unha nova edición de Imos Andando, unha actividade organizada conxuntamente por estas dúas Concellerías e dirixida principalmente aos maiores de 60 anos, que terá lugar o mércores 17 de xuño.

O programa consiste nunha caminata con saída da Praza Maior ás 12:00 horas, pasando pola Avenida de Ramón Ferreiro, Ronda de Fingoi, Avenida de Alfonso X, o Parque do Miño e remate no Pazo de Feiras e Congresos, onde haberá un xantar popular con baile. Haberá servizo de autobuses dende as catro e media ata o final da xornada para facer o viaxe de volta á cidade.

O prazo de inscrición para esta actividade será entre o 10 e o 12 xuño e deberá facerse nos centros sociais municipais de toda a cidade.

Os Concelleiros lembraron o éxito que tivo esta actividade o ano pasado cunha participación dunhas 650 persoas e nela mézclase a actividade física e o divertimento.

Multimedia

Noticias relacionadas