O Concello de Lugo conmemora o Día das Nacións Unidas

A bandeira do organismo internacional ondeará durante toda a xornada na Casa Consistorial para conmemorar o 77 aniversario da efeméride.

Luns, 24 de outubro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo conmemora o Día das Nacións Unidas

O Concello de Lugo conmemora este 24 de outubro o 77 aniversario do Día das Nacións Unidas, facendo ondear, durante toda a xornada, a bandeira do organismo internacional para visualizar a efeméride.

En 1947 unha Asamblea levada a cabo polo Consello de Seguridade da ONU proclamou esa data como Día das Nacións Unidades como unha forma de conmemorar o aniversario da súa Carta e co obxectivo de dar a coñecer as súas actividades.

Co izado da bandeira, o Concello de Lugo quere contribuír, así, a lembrar a importancia desta organización, que naceu coa vontade de fomentar a paz e a seguridade internacional, construír relacións de amizade entre os distintos países e lograr a súa cooperación para solucionar problemas globais e servir de centro que harmonice as accións estratéxicas das nacións.

Noticias relacionadas